Hai unha cousa que me gusta moito dos galegos que falan galego que é o amor pola súa lingua. Non coñezo ningún galego que fale galego e que desprece o galego.. nin sequera coñezo ningún galego que fale galego e se sinta indiferente por ter unha lingua de seu. A verdade é que deben de estar orgullosos os galegos por ter un espazo e unha lingua propios, nos que reivindicar unha identidade tan igual como a de todolos seres humanos pero un chisco diferente. Eso é o que fan co programa do Correlingua, levar a súa lingua a todolos rincós do país (cando digo aquí país, refírome a Galicia, sin ningún tipo de nacionalismo): facer que os nenos tamén se sintan portadores do tesouro que é a súa lingua.
Vos adianto un pouco do que podedes atopar en www.correlingua.org:
Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
4 comentarios:
Grazas polo comentario sobre o Correlingua, é unha fermosa iniciativa, na que traballamos arreo, porque cremos na nosa ligua e querémola, para nós e para os máis novos.
Acuática (http://www.blogoteca.com/acuatica07/)
Como non estares orgullosos do noso idioma?
A min encántame ter dúas linguas maternas, non só o castelán.
Interesante o de correlingua, hai que inculcarlles aos nenos o amor polo galego.
Pois alégrome destas iniciativas... porque fan florecer cousas preciosas.
Gracias por postear, acuática.
Alimenta ao planeta,
boura polo vento,
a lingua dos galegos
non se aguanta nos museos...
Publicar un comentario