Vamos a dejarnos de manifiestos en defensa de lenguas que no necesitan defensa. Yo sigo defendiendo las lenguas propias, las lenguas de cada comunidad, porque esas son las que verdaderamente están en peligro. Las que se hablan poco y no se aprenden bien.
La nueva campaña de la Secretaría Xeral de Política Lingüística de Galicia es así de fresca. Para seguir promoviendo el gallego. Porque no es incompatible hablar dos lenguas. Porque hay que aprovechar la oportunidad de ser de una comunidad bilingüe. El bilingüismo da más inteligencia, mayor capacidad de aprendizaje y lo más importante: matices diferentes a la hora de ver y entender el mundo. Pues lo dicho, a disfrutar de la campaña de promoción del gallego: "Tócache".
Agora tócanos a nós falalo... E eu disposta a adherirme á causa das linguas co-oficiais.
4 comentarios:
Desaparición da lingua
Desaparición física dos falantes
Estes procesos poden deberse a dúas causas: naturais ou humanas. Un exemplo de causas naturais pode ser o tsunami acontecido no Índico a finais do 2004: xa que había linguas faladas por moi poucos habitantes (v. Demografía lingüística), os cales residían en zonas costeiras, unha catástrofe destas dimensións é quen de matar a tódolos falantes desas linguas. A outra causa, a humana, pode ser involuntaria ou non: mentres que os colonizadores ibéricos provocaron un verdadeiro masacre en América (fálase da desaparición de ata o 90% da poboación) debido ás enfermidades que exportaron ata alí, o caso da guerra dos Balcáns foi de verdadeiro xenocidio.
Desaparición da transmisión familiar
Prodúcese cando os falantes non ensinan a falar ás novas xeracións na lingua que se está extinguindo. Isto prodúcese adoito en combinación coa susbtitución lingüística enriba mencionada. Os casos máis coñecidos de extinción lingüística son os seguintes (por orde cronolóxica):
* 1877: Dolly Pentreath, derradeira falante de córnico (Reino Unido);
* 1898: Tuone Udaina (ou Antonio Udine), derradeiro falante de dálmata vegliota, (entre Italia e Croacia);
* 1916: Ishi (que significa "home" e de quen nunca se soubo o nome propio xa que para eles era tabú mencionalo), derradeiro falante de yahi (Estados Unidos);
* 1918: Marie Smith Jones, derradeira falante de eyak (Alasca), morta o 21-01-2008[1];
* 1974: Edward "Ned" Maddrell, mariñeiro (grazas ó cal conservouno ata a morte xa que o utilizaba para falar cos gaélicos irlandeses) e derradeiro falante da lingua céltica manx, (Gran Bretaña);
* 1981: Jinbilnggay (tamén chamado Alf Palmer), derradeiro falante de warrungu (Australia);
* 1986: Jack Butler, derradeiro falante de jiwarly (Australia);
* 1992: Tevfik Esenc de 88 anos, derradeiro falante de ubikh (Turquía);
* 1996: Red Thunder Cloud (traducible por "Nube de raio vermello", támén chamado Carlos Westez), derradeiro falante de catawba (Estados Unidos).
E seguen cos manifestos..
Grazas pola información
Na SER, cando marcou Villa, o locutor berrou que o xogador asturiano tiña "unos huevos como mi cabeza”, mentres antes dos partidos os coristas púñanse de pé no estudio para tararear o himno que non ten letra por moito que a cante Luis Aragonés. "Yo soy español y estoy orgulloso”, "el que escuche este himno y no sienta nada, no tiene sangre en las venas” e outras soflamas eran deitadas como aceite fervendo nas orellas dos ouvintes desas emisoras que, haino que lembrar, se declaran a cotío non nacionalistas. Os nacionalistas son outra cousa. Son intolerantes e incultos. En Madrid, non embargantes, estes respiran tolerancia.
Chega esta victoria cando o español, agora coñecido como "idioma común", pasa os seus últimos días neste mundo porque, como todos saben, a Xunta, a Generalitat e o Goberno vasco desenvolven unha efectiva tarefa de exterminio e aniquilación idiomática. Só un manifesto asinado por ducias de milleiros de persoas combate esa política na que borrar do mapa ao castelán é a consigna. É unha mágoa que unha lingua que deu tan grandes escritores e encheu páxinas tan gloriosas da historia (sen unha pinga de nacionalismo, iso si) vaia desaparecer. Pero é o que teñen as autonomías e os nacionalistas, xunto con algún socialista despistado, que queren acabar con todo.
Mentres, os pobres galeguiños seguen ao seu, chorimicando porque unha gran marca de roupa como Springfield chama ao galego "dialecto del castellano" nunha postal de felicitación a un dos seus clientes redactada en portugués. Os galegos seguen a facer vitimismo porque unha traballadora de Navantia, na sempre plural e acolledora capital de España, escribe a un traballador de Ferrol que non sabe se o escrito que este lle enviou llo redactou o seu fillo de dous anos "o es algún dialecto que hablan ustedes en la aldea".
Pero así son as cousas. Esta crise económica vai facer certo iso de que outro mundo é posible. Pero nin esta nin ningunha crise logrará mudar a España, non. Porque é así. Outra España é posible.????????
a pregunta de se outre España é posible xa a teño feita milleiros de veces, e aínda sego sen atopar resposta. Porque se outros españois non son posibles, non será posible que España cambie.
É unha mágoa todo o que contas, pero é certo. Eu, madrileña de nacemento e de aloxamento sinto mágoa cada vez que escoito cousas así. Odio que teñamos que pornos sempre por encima dos demáis. Que non deixemos sacar o mellor que tén este conxunto de provincias que é España. Ríome eu da pluralidade deste goberno...
Gustaríame saber quen son estes anónimos que participan neste blog. Tedesme intrigada
Publicar un comentario