
Vanitas, de Fernando Vicente
Dáme hoxe por pensar nos estribillos. Os estribillos son un vínculo co mundo, os que nos fan ás veces ledos de sermos vivos e outras veces lémbrannos o fatal. Onte escoitaba a Joaquín Sabina cantando "¿Quién me ha robado el mes de abril?, ¿Cómo pudo sucederme a mí?" e dábanme ganas de chorar. E é que é verdade que ás veces parece que nos rouban os meses, sen que sexamos quen de obrigar ao tempo a que nos devolva o que é noso. Eu xa teño perdidos alguns días, aínda non perdín meses enteiros... E supoño que terei máis días por perder, tamén alguns por recuperar. Agardo encontrar o estribillo que nos devolva a todos o tempo perdido... porque supoño que a policía non fai nada cos ladróns de meses..
http://www.youtube.com/watch?v=EWVNk5yJ2aI&feature=related
1 comentario:
Por desgraza, tamén hai quen perde anos enteiros.
Quizais algun dia podanse recuperar... mais o vexo dificil.
Un saudo.
Publicar un comentario