Teño unha amiga que se namorou fai tempo dun rapaz de Vigo, e dende aquelas (xa pasaron anos) temos a esperanza de poder ir xuntas a coñecer unha das cidades cantadas máis tempranamente nos cancioneiros medievais galegos.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ay Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ay Deus, se verrá cedo
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ay Deus, se verrá cedo
Se vistes meu amado,
por que ey gran coydado?
E ay Deus, se verrá cedo!
Foi un vigués ó que coñecimos hai pouco tempo (O Leo) quen nos falou de música e poesía, e con el aprendimos que estes versos foron compostos acompañados de música (http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras?portal=65&Ref=10922&audio=0) e que esa música alongaba as vogais lembrando os berros da xente cando está no mar. A mín aquelo encantoume e fíxome desexar aínda con máis forzas poder visitar unha cidade tan chea de encanto como Vigo.
4 comentarios:
Si, coma vigués que son recomendovos que o visitedes... a ría é preciosa, a pesares de todala xente que se empeña en destruila.
Vigo paga a pena.
Por certo, preciosa cantiga, aínda que xa a coñécía.
Pois que non tarde esa visita.
Os tenemos fichadas, chicas
Estupendo vuestro blog. Con una estética muy cuidada y muy delicada
Eu estou renamorándome de Vigo agora. Ten moita forza esta cidade. Moita vida entre asfalto e casas a caer.
Recordos, mozas!
Publicar un comentario