27 de octubre de 2008

Galegos. 1

É pensar en galego, e saeme soa a lingua. Xa sabedes, para mí é inevitábel. Esta que vos presento é unha nova serie blogueira na que vou falar de galegos. Galegos máis ou menos coñecidos, pero todos eles dese país tan increíble que é Galicia. Algúns dirán que son unha chovinista do galego, preguntaránse os porqués desta paixón irracional; e eu enténdoos, pero é que me sae so, non o podo evitar. Por iso, a miña listaxe de galegos ilustres, ao menos para min. Galegos que non esquecen as súas orixes, pero que son universais, que o que fan ou o que din pódese aplicar a calquera lugar do mundo, a calquera época. E por iso gústanme tanto.


O primeiro da serie é un fotógramo recoñecidísimo, tanto dentro como fóra de Galicia. Trátase de Xurxo Lobato. É coñecido polo seu labor de describidor do mundo galego a través das súas paisaxes, das súas imaxes, pero tamén podédelo atopar nas cubertas de moitos libros de escritores galegos. Por exemplo, el foi o encargado de retratar a Torrente Ballester ou a Manuel Rivas nalgunhas importantes editoriais galegas e nacionais.

Xurxo Lobato é un poeta das imaxes. Pódeste perder nas súas fotos que recrean unha Galicia que para min ás veces resulta fantástica, unha Galicia de conto, unha Galicia da imaxinación, pero tamén unha Galicia moi real.

Déixovos a ligazón da súa páxina web, na que poderedes ver algunhas das súas fotos, e nas que vos poderedes perder como fago eu: Xurxo Lobato


Nesta obra maestra da fotografía urbana, podedes atopar unha chea de fotos que recrean os cascos históricos de varias cidades galegas. A fotografía, é de Xurxo Lobato, claro.

1 comentario:

Iago Morais dijo...

Dentro da Galiza, Xurxo Lobato é en fotografía o que pode ser Manuel Rivas ou Suso de Toro na literatura.

No mes de setembro pasou pola Casa de Galicia, en Madrid, unha exposición da súa obra.

Eu gardo un bonito recordo do seu libro "No país do nunca máis", unha reportaxe gráfico sobre o acontecido durante eses días. Incluso utilicei a portada pra unha entrada do blog. Pódela ver aquí:

http://republicadelprincipito.blogspot.com/2007/11/5-aos-con-el-corazon-teido-de-negro.html

Moitas grazas pola sección e por usar o galego (¡e de que gran maneira!)