O número dous desta serie de galegos a homenaxear por min ben podía ser o número un. En realidade, todos eles poden ser o número un. Pero hai que seguir un orde.
O galego universal do que vou falar é Carlos Núñez.
Carlos Núñez naceu en Vigo e pronto comezou a despuntar como un dos grandes músicos de Galiza e de España. A súa especialidade é a gaita. Teño visto algunha reportaxe del na que conta como de neno ía fronte ao mar galego a tocar a súa gaita enchéndose da máxia do mar. Coido que de aí ven o título do seu último traballo: Cinema do Mar.
O caso é que a Carlos Nuñez lle pasa unha cousa extraordinaria: facendo unha música tan persoal como a que el fai, e levando como única bandeira a súa gaita e as súas centos de frautas, é o maior exponente universal da música galega. Ou mellor dito, da música celta feita dende Galiza. Cóñecese Galiza no mundo gracias a Carlos Núñez. E coñécese como un lugar aberto a interculturalidade. Dende o principio da súa carreira musical, Carlos sempre se xuntou con grandes músicos do mundo: con doce anos xa tocaba como invitado na Orquesta Sinfónica de Lorient, e pronto comezou a grabar temas cos Chieftains. Entre os seus colaboradores contan centos de músicos de outras tantas nacionalidades: irlandeses, escoceses, bretones, portugueses, italianos, ou incluso xaponeses.
E o mellor de todo, o mellor de verdade, non é a súa música. Esa coa que un pode trasladarse dende un sillón de casa ata os espazos máis lonxanos e máis inimaxinables. Porque a súa obra é múltiple, non se queda na mera anécdota da gaitiña galega, vai moito máis alá. Enche as almas valeiras e as almas cheas. Fai que un ame o mundo no que vive a través da música que el toca. Pois o que vos ía dicindo, o mellor de todo é el mesmo. El como persoa e non como músico. O ano pasado tive o pracer de velo nun concerto que ofreceu en Parla. E digo pracer porque é verdadeiramente un pracer poder disfrutar del en España, xa que sempre está de xira por todo o mundo. Pois el veu a Parla e todo o que ocorreu despois lémbroo como un episodio perdido no tempo, algo lonxano e bañado da auga musical que trae do Atlántico.
Lémbroo como algo fermoso. Lembro a súa voz contando historias de tempos remotos como outra máis das súas melodías, lembro a súa forza inagotable no pequeno escenario do teatro Jaime Salom, lembro as melodías que nos regalou coa gaita e as frautas, lembro a rapaza irlandesa que tocaba o violín no concerto mentras el mirábaa co aprezo e a paixón dun neno que nunca antes vira eso, lembro ao seu irmán Xurxo tocando a percusión, acompañándose mutuamente nunha fraternidade que nunca antes tivera visto sobre as tablas dun escenario. Lembro a Carlos como alguén que desprende humanidade, humildade e cariño por todolos poros da súa pel. Lembro a Carlos, á saída do concerto falando con grupos de xentes e mirándoos aos ollos, agradecendo de corazón que o grupo parleño de gaitas leve o seu nome. Lembro a Carlos como un home paciente, como un home sensible, como un home que non se vendeu pola fama, senón que segue crecendo como persoa diante dun público fiel. Lembro a Carlos como a persoa que lle regalou á música a mestizaxe que lle enriquece, que lle fai universal.
Podes atopar mais cousas del na súa páxina web: www.carlosnunez.com
1 comentario:
me encanta carlos nuñez...
y su capitán nemo:D
Publicar un comentario