31 de diciembre de 2008

O derradeiro tren

Cando escribo sobre trenes, fágoo en galego. Por que será?

A miña derradeira entrada deste ano quero que teña como protagonista un tren, e como lingua, o galego. O tren non é un tren calquera, e o significado tén que ver cos camiños que andamos, co 2008 que percorrimos e o 2009 que está a uns poucos minutos deste momento, a poucos pasos destes pés.

Este tren fai que lembre -con un anaco de amargura- que eu quizais debería estar percorrendo agora eses camiños verdes galegos. Fai que lembre imaxes e cores doutro tempo, ou quizáis de nunca; doutro lugar, ou quizais de ningures.

Dentro de uns minutos, eu debería facer unha chamada que non vou facer (mellor as no-palabras). E debería desexar felicidade para un ano que agardo con moito cariño e moita superstición, por aquelo de que remata en 9, e a mín o 9 dame boa sorte.

Unha porta máis que se pecha, unha porta máis que se abre. Juan Cruz decía hai uns días no seu blogue que o 28 non foi moi bon ano, eu agardo que o 29 si que o sexa, e que o poda seguir compartindo con todos vós que me ledes e me descubrides en cada palabra, en cada tren...


[vídeo cortesía de iagoiaguete]

Feliz e máxica noite.

1 comentario:

Unknown dijo...

Fermosas palabras ;) e grazas por facer referencia á procedencia do vídeo, inda que non era preciso ;) Lereite!