22 de septiembre de 2008

Canciones. 3 (hoxe en galego)



QUEN PUIDERA NAMORALA, Luis Emilio Batallán

Para Víctor

Esta é unha canción baseada nun poema de Álvaro Cunqueiro, e tamén funciona como banda sonora da película galega Pradolongo. Hai xa tempo que non escribía en galego, pero sempre rexurde, é inevitábel. Estes días pensaba nas pelis que me marcaran ao menos un pouquiño, e Pradolongo é unha delas. Por que? Pois polas circunstancias nas que a vin: Víctor e eu na estrea, en Ourense, o director da peli, os actores, as ganas de falar e vivir en galego en Galicia. Iso emocionoume, e teño o recordo grabado en galego. Por iso hoxe escribo en galego. E por Víctor. E polo noso amigo o náufrago, que dende que deixei o galego xa non nos fai comentarios.

P.D: Segue en pé o das vosas pelis favoritas. Náufrago, para ti tamén.

1 comentario:

Anónimo dijo...

recibe o Premio Cidade de San Sebastián Film Commission
O día grande de 'Pradolongo' en Donostia
Despois da entrega do galardón, o equipo do filme ofrecerá unha festa no Hotel María Cristina.

Redacción - 13:25 23/09/2008
Tags: audiovisual cinema donostia festival pradolongo premio
"Para un filme galego, e rodado en galego, estar presentes no Festival de San Sebastián, e ademais recibindo un premio é un acontecemento". Así fala Ignacio Vilar, director de Pradolongo, dende Donostia, onde chegou este luns para presentar e promocionar o filme. "Estamos abrindo camiño para o cinema galego, e todo o que imos facer estes días no festival será un grande apoio para todo o que veña detrás", conclúe.

Este martes o equipo da película recibirá o Premio Cidade de San Sebastián Film Commission, entregado pola organización da sección Made in Spain do festival, que valorou a forma en que o filme reflite "os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais" da comarca de Valdeorras. O acto de entrega do galardón terá lugar no Cine Príncipe ás sete da tarde, coa presenza do xurado do premio, formado por Alicia Borrachero, Natalia Berbeke, Pascual Ortega e Manuel Hidalgo. Pradolongo impúxose a outros filmes que tamén aspiraban ao premio, como El orfanato, Rec o Los crímenes de Oxford. A seguir comezará no Hotel María Cristina, o auténtico centro do festival, unha festa galega, con produtos galegos e viño de Valdeorras.

O mércorese ao mediodía Vilar manterá un encontro-coloquio no Centro Kursaal con xornalistas e distribuidores. E xa pola noite, nos Cines Antiguo Berri, haberá unha nova presentación da película coa presenza dos actores e do director. Ignacio Vilar, que está acompañado en Donostia polos tres novísimos intérpretes do filme: Rubén Riós, Tamara Canosa e Riberto Porto, amósase confiado nos contactos que Pradolongo está realizando no festival con produtoras e distribuidoras de distintos países. En San Sebastián están acreditados 800 medios de comunicación de todo o planeta, máis de duascentas distribuidoras.