De momento, seguireivos falando de galegos.
MARTIN CODAX
Martín Códax (posiblemente vigués) é un personaxe importante da literatura medieval. El é un dos máis famosos (xunto co tamén coñecido Mendinho) xograres-escritores de cantigas d’amigo, ese xénero da lírica medieval galegoportuguesa que todos temos que estudar no instituto pero que nunca cegamos a ler. Ler a lírica medieval galega, igual ca castelá ou calquera outra, é un dos maiores praceres que puiden atopar ao longo dos meus anos de estudante de filología. Ler lírica medieval é colocarse nunha época distinta e aprender a contextualizar. Ler a Martín Códax é aprender sobre a música da Idade Media (porque non se escribía, contábase), sobre a evolución do galego a partir do latín e sobre conductas sociais do momento.
Gracias a Martín Códax hoxe podemos saber todas estas cousas sobre a Idade Media na península, sobre música, sobre literatura e sobre nós mesmos. Porque despois de todo, as conductas sociais de aquel momento, parécense moito as actuais. Non cambiamos tanto.
Déixovos cun texto curtiño do manuscrito do Pergamino Vindel, que servía de forro para un exemplar do De officiis, de Cicerón. Como vedes, a arte sempre está moi ben acompañada:
Ay ondas que eu vin veer
Ay ondas que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo sen min.
Ay ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min.
1 comentario:
Deberíase ler máis lírica galegoportuguesa no ensino obrigatorio pra que se poida admirar a súa beleza.
Martín Codax, ademais dun gran literato, dá nome a un dos mellores viños galegos que probei.
Mesmo en Galiza, nas vodas, fálase irómicamente do fotógrafo "Martín Kodak"
Grazas por seguir con esta listaxe de Galegos ilustres. Grazas polo teu interese por unha nación que che adopta. Grazas por utilizar a nosa lingua, que xa é a túa lingua tamén.
Publicar un comentario