Mostrando entradas con la etiqueta ortigueira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ortigueira. Mostrar todas las entradas

15 de junio de 2008

Living on the edge



Parece que "Living on the edge" é unha das frases do celtismo, ou ao menos unha das características dos que se senten celtas. E é que se miramos detidamente o mapa do celtismo, veremos que as "nacións celtas" están todas elas situadas nos edges, algo así como nos límites, nos finisterrae. Aínda non sei ben cal foi a relación que os celtas tiveron co mar, por que esa necesidade de situarse nos "confíns da terra", como di a letra de "Hai un paraíso" de Luar na Lubre. O caso é que os restos de eses celtas que ocuparon os lugares máis bellos do mundo, reúnense cada ano nunha festa musical sen comparación: O festival de Ortigueira.
Eu estou a buscar xente que se anime e veña comigo outro ano máis. Porque dende logo é unha cita ineludible.

www.festivaldeortigueira.com


Foto de Cariño, preto de Ortigueira, na Coruña.